martes, 23 de febrero de 2010

Un tipo listo. Xosé Monteagudo.


Dese xeito, unha apacible tarde de outubro collín o coche en Vigo e fun ata Sanxenxo. Cando deixei atrás Pontevedra, mentres conducía, de cando en vez xiraba a cabeza e a miña esquerda ollaba as aliñación das bateas no medio da ría e mais as casas unifamiliares que se espallaban pola estreita franxa de terra situada entre a estrada e o mar. Nas proximidades de Sanxenxo, as casas da primeira liña facíanse máis grandes e ostentosas. Altos cerrumes de pedra e unha mesta vexetación de sebes, piñeiros e palmeiras só permitía adiviñar as luxosas mansións que se ocultaban detrás.

(Páx. 285. Un tipo listo. Xosé Monteagudo. Ed. Galaxia 2009).

 Resulta que un personaxe da novela, amigo do pai do protagonista, despois de voltar de Suíza comprou un piso en Sanxenxo. Este personaxe chamado Alfonso Piñeiro, fora amigo insparable do pai na súa nenez e mocidade. A súa aparición na trama da novela será definitiva para o esclarecemento dos feitos que se narran.  
Xosé Monteagudo estará en Sanxenxo, virá a falar da súa novela. Compartiremos frente a Silgar o entramado financiero do que fala nas páxinas de Un tipo listo.



jueves, 11 de febrero de 2010

Un poeta cercano.



Algúns dos membros do club non eran lectores de poesía. Non o eran, pero esto acaba de mudar dende a xuntanza do luns e recoñecen abertamente que a lectura dos poemas de Vacas e sobre todo a súa presenza,  fará que marque un antes e despois nas súas  vidas de lectores e na súa mirada sobre a poesía.

En Bibliomanía achéganse as impresións dos rapaces que asistiron aos obradoiros da mañá e algunhas imaxes máis.

Reiteramos o noso agradecemento polo entusiasmo posto en cada palabra, por sembrar tan bo produto...

Parabéns!!

viernes, 5 de febrero de 2010

En febreiro, poesía.

Iniciamos este mes con poesía da man de Raúl Vacas. Impartirá na mañá do luns día 8 un obradoiro cos rapaces de 2º ESO, que levan experimentando cos versos dende a volta de Nadal e pola tarde estará cos membros do Club.

Achegamos un boletín que recolle a obra do autor e algúns  dos seus poemas.
 .

lunes, 1 de febrero de 2010

Xuntanza


O luns 25 de xaneiro tivemos  a  reunión do club dos maiores no café O gran Suqui de Sanxenxo para intercambiar os nosos puntos de vista sobre a última das nosas lecturas El Baile de Irene Némirovsky.

A maioría dos membros do club disfrutamos coa súa lectura, poís aínda que é unha obra de finais da década dos “felices vinte”, trata temas transladables á actualidade como o universal conflicto “país-fillos adolescentes” ou o ánsia de recoñecemento social.

O máis importante foi que a lectura desta obra permitiunos pasar a todos os membros do club un agradable momento de xuntanza e de intercambio de puntos de vista.

Ata a próxima xuntanza, o 8 de febreiro, con Raúl Vacas.!!!

Os máis cativos quedades convocados para este mércores 3 de febreiro no recreo.