lunes, 19 de enero de 2009

Noite de voraces sombras e o 36

As cartas que atopa Sara do seu tío lle descubren un periodo da historia de España que non podemos ignorar. Lede as citas que o profesor Juan seleccionou; pódense sinalar no libro, recollelas no pasaporte lector, no diario de lecturas... Sen dúbida farannos reflexionar e darannos moito do que falar.

As últimas cartas, as do ano 1936, eran distintas. Aínda que as manifestacións de amor seguían presentes…era doado percibir unha mestura de desacougo e temor polos acontecementos que estaban a ocorrer en Galicia e en España. Xullo debera ser un mes terrible…” Páx 75

“ Os sublevados teñen agora todo o poder, e non queren deixar nada en pe que non se axuste a súa concepción do mundo…Para eles ademais de “rojos ” somos “ separatistas ”, así é como nos chaman. Un só destes cargos xa é suficiente para que a nosa vida non valla nada.” Páx. 76.

“ A María Prieto, a mestra de aquí, de Carral, mallárona a paos e rapáronlle o pelo ao cero, despois levárona pola rúa atada por unha corda coma se fose un animal…” Páx 76-77

“ Por aquí aparecen homes asesinados nas cunetas, un día si e outro tamén…Toda xente inocente, o seu delicto foi defender a legalidade e os avances da República.” Páx 77.

“ Así foi como souben que, despois da sublevación militar de xullo contra o goberno da República, e tras varios intentos inútiles de comunicarse con Sara, o tío abandonara a súa casa, pois un mestre de Burela co que mantiña unha boa relación aparecera asesinado na praia de Area Grande…” Páx 81.

“¿E que sabes desa guerra tan terrible que a avoa non quería nin lembrar? Seguramente nada, catro cousas mal contadas, porque andamos a edificar sobre a desmemoria…
- Hai anos, quizais nin te acordas, chegaches un día do colexio contando o que o profesor vos explicara da guerra civil: unha liorta entre irmáns, onde os dous bandos tiveran a mesma culpa…Lembro que calei…aquel día lle dei unha labazada á memoria do meu tío e de todas as persoas que, coma el, un día soñaron un mundo diferente.” Páx 103

Pois o medo dos anos da guerra quedoulles metido no corpo para sempre;ou quizais por afastar as lembranzas amargas.”Páx 106

“ Dentro do que cabe, tivo sorte, porque a outros coma el matáronos. Cos que máis se asañaron foi cos que, coma o tío, eran mestres progresistas.” Páx 107.
Documentación aportada por JUAN.

1 comentario:

Biliomanía dijo...

NOITE DE VORACES SOMBRAS.... CON AGUSTIN FERNANDEZ PAZ.

O día 23 de xaneiro uns alumnos do i.e.s sanxenxo diriximonos cara o club naútico de Sanxenxo para pasar unha agradable tarde con Agustin Fernandez Paz.
Chegamos as 17:00 e o escritor retrasouse por mor do vento..."facía moito vento do LORD NELSSON aquí, menos mal que eu tiña a mochila ateigada de libros" comentou con sarcasmo...
Falamos de moitas cousas como por exemplo de onde saaen as ideas para os libros... Comentabanos unha mio curiosa que lle surxiu enfrente da porta do Gadis máis grande que ai en Vigo. Un home que sempre estaba a pedir na porta e que ninguen se fixaba nel, unha nena se lle acercou e lle preguntou se era invisible el en vez de contestarlle mal dixolle que si pero que non dixera nada, pois era un encargado de vixiar os humans nas suas actividades cotians.
Fixemos un descanso e logo, voltamos coas preguntas, preguntamoslle polas personaxes e dixonos que para crealos, ía tomando fios da xente que o rodeaba. Comentounos tamén que cousas que escribira no seu libro NOITE DE VORACES SOMBREAS, fixeras el, como por exemplo ir a illa de San Simón, sentarse onde o ceminterio...
Para rematar firmou os libros da xente con divertidos debuxo.
Foi unha esperiencia moi agradable e divertida.

VANESSA