Mostrando entradas con la etiqueta presentación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta presentación. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de enero de 2012

Febre.Héctor Carré



HECTOR CARRÉ foi o último premio XERAIS e da  Fundación Nova Caixa Galicia-Claudio San Martín de Literatura Xuvenil 2011 coa súa obra Febre.

Sipnose:

Un avó cóntalle á súa neta adolescente unha historia roubándolle a súa atención ás pantallas que contan outras historias. Quere mostrarlle como todas as rapazas da súa idade, de todos os tempos, teñen problemas de entendimento cos pais, e ao tempo, ensinarlle parte da historia da súa familia.

Febre responde á febre do wolframio, aquela que tivo lugar entre entre nós nos tempos da primeira posquerra. Coma a febre do ouro é unha enfermidade social, unha situación límite onde cada un asume o papel que lle toca: de desgraciados a maioría, de negociantes e novos ricos outros, de aproveitados moitos,... O rol de cada un deles está claro, o das forzas do orden e o dos que foron expulsados para moverse nas lindes. Unha moza como Guillermo Tell, como Pepa a Loba, convertendo a debilidade en fortaleza móvese entre todo ese desastre social e entre espías...

Situada en Noia e Lousame, móstranos lugares coñecidos como o casino da vila onde ata hai ben pouco eran famosas as timbas e personaxes tamén recoñecibles, como ese Marelo do que Avilés de Taramancos falara xa nas crónicas recollidas en Obra viva. Por iso, esta é unha boa ocasión para desfrutar da novela e ir dela a outras que tratan os mesmos temas como Cabalo de ouros de Freixanes, e a outros libros como o citado de Avilés ou os libros de historia de Noia de Agrafoxo
Fonte: Rede Lectura

 

domingo, 29 de mayo de 2011

A noite do Risón


Gonzalo Moure é un dos escritores máis recoñecidos da literatura infantil e xuvenil. As súas obras , escritas en castelán son traducidas ao galego, ata tal punto que o incluimos dentro da nómina dos escritores da nosa terra. Non é casual. Aínda que nacido en Valencia, vive desde 1989 en Asturias e ten visitado Galicia en numerosas ocasións  dando conferencias  e tamén  charlas polos institutos e colexios.


Poderíamos citar moitos dos seus títulos Palabras de Caramelo, A la mierda la bicicleta, Tuva, El beso del Sahara..., obras todas elas que están na biblioteca e que o alumnado está a ler. A noite do Risón é outrodos seus libros que ten como telón de fondo o mar. O mar que salpicou este ano as nosas lecturas. Nesta ocasión a acción sitúanos  nun bar de pescadores dunha vila da costa do Cantábrico, nunha noite de treboada. O misterio está garantizado.

jueves, 18 de noviembre de 2010

Balea morta ou lancha a pique


Estamos diante dunha novela de aventuras. Subxénero de piratas. É a segunda entrega de As aventuras do capitán Thunderskin. A primeira serie de novelas de piratas da literatura galega. Aventuras trepidantes, fantasía desbordada, humor a mans cheas, xogo con anacronismos deliberados (videoxogos, baleas clónicas…) e o telón de fondo constante da Moby Dick de Herman Melville.

Apreciamos a mestura de mundos. Piratas e pirados, idealismo e materialismo da man do capitán e o portugués, dando voltas por unha actualidade de mundo globalizado. Sen que  falten as doses de humor e imaxinación.

Información aportada por Pilar Sampedro nunha proposta didáctica elaborada para a editorial Xerais.


 O martes 23  teremos a oportunidade de poder coñecer ao seu autor, Santiago Jaureguizar e intercambiar diferentes puntos de vista sobre a lectura do seu libro.

lunes, 25 de octubre de 2010

Asóciate!

Comezamos unha nova temporada. Este ano o mar vai ser o protagonista das nosas tertulias. Navegaremos por mares de tinta salgada en barcos capitaneados por autores cercanos no tempo e no espazo. 

Asóciate ao club ! Este é só o comezo da travesía!
Bo vento!

lunes, 2 de noviembre de 2009

9 NOVEMBRO, AÍNDA QUE CHOVA !¡

A chegada destas chuvias parece deixar atrás definitivamente a temporada primaveral que viñamos disfrutando. O cambio metereolóxico marca para nós o  inicio da nova andaina do Club de lectura. O vindeiro día NOVE terá lugar a primeira xuntanza ás SETE da tarde na Biblioteca. Refuxiarémonos e poñerémonos a bo recaudo para presentar as lecturas do novo curso. Agardámosvos.!!


A foto é unha das imaxes seleccionadas no concurso de fotografía 2009 O pracer de ler convocado pola BM do Porriño. Se queredes visitar a galería premede na ligazón. Todo un pracer tamén para a vista.

jueves, 4 de diciembre de 2008

Presentación dos membros do club

Mª Dolores, Justa, Ángela, e Mª Isabel son as lectoras máis veteranas do grupo das tardes. Únese Marga, no grupo dos recreos.

Os máis novos, recén chegados ao centro, non queren perder esta oportunidade que se lles brinda. Eles e elas son: Marta, Hugo, Martín, Ana e Jonás.

Os de 2º ESO, queren repetir a experencia vivida o ano anterior e aquí están un ano máis Lucinda, Inés Piñeiro e Inés Martínez. De 3º ESO achéganse Vanessa, Esteban, Mar , Brenda e Alberto.
Dezaoito soci@s, que comezaremos coa lectura do libro de Agustín Fernández Paz Noite de voraces sombras, autor querido entre nós e que acaba de ser galardonado co premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil.

O vindeiro martes 9 ás 12 horas teremos unha xuntanza na biblioteca para o grupo das mañás. Trataremos de cargar as enerxías, despois desta semana de exames para ler nas vacacións ampla e confortablemente a gusto.

Senón preguntádellelo aos rapaces do Club de lectura do IES RÍO CABE que acaban de ser entrevistados para a TVE.

Para ver o vídeo cliquea aquí.