sábado, 15 de mayo de 2010

Para que les?



Respostar a esta pregunta foi unha iniciativa que lanzou o Club de lectura virtual de Implicadas e que recollimos unha grande parte das Bibliotecas galegas para facer visible os comenarios das persoas e contribuir así á reflexión e contaxio da lectura entre os máis novos.

En Bibliomanía fixémonos eco de todas as aportacións e aquí queremos destacar as respostas de Rosa Aneiros, Xosé Monteagudo e Raúl Vacas,  cos que compartimos este ano as xuntanzas no club arredor dos seus libros.


Coa lectura
coñezo e sinto outras vidas que me fan máis libre,
xa que me proporcionan
puntos de vista diferentes.
Con eles, podo valorar e escoller mellor
en calquera situación da vida.   Xosé Monteagudo


Leo
para completarme,
para actualizar utopías,
para crer,
para crear,
para evadirme ocasionalmente do mundo
ou para involucrame nel.

Gústame mergullar nos libros,
fondear nas palabras máis profundas,
osixenar o corazón
con soños e metáforas,
nadar contracorrente.  Raúl Vacas



Leo para fuxir e para encontrarme no máis fondo de min mesma.
Leo para saber e para ignorar.
Para ver dende outros ollos e dende as tripas dos meus.
Leo para ser ti.”
                                                                        Rosa Aneiros.

No hay comentarios: