jueves, 10 de junio de 2010

Xornada dos Clubs de Lectura 2010

Un espazo que a miúdo non ten cabida nas clases de literatura é aquel no que os lectores poden

conectar a literatura coa súa propia experiencia, é dicir, aquel no que aprenden a vivir coa
literatura.  Mª Cecilia Silva-Díaz



Mañá 11 de xuño, en Santiago de Compostela terá lugar unha xornada para os coordinadores dos Clubs de Lectura dos centros de ensino secundario de Galicia nas que se intercambiarán experiencias doutros clubs que servirán para a reflexión e avance na educación literaria.

A profesora da Universidade Autónoma de Barcelona, Ana María Margallo falará de Lectura e adolescentes, título do libro escrito en colaboración  con Teresa Colomer, entre outros.

Ana María Margallo é dra. en Didáctica da lingua e  literatura; formadora de profesores de secundaria e  investigadora  sobre a incidencia dos proxectos de traballo na adquisición da educación literaria.

O poeta  Benjamín Prado rematará a xornada coa súa visión sobre a lectura e a función da literatura.
Todo un luxo ter a oportunidade de escoitar a un home crítico e con unha personalidade arrolladora.
Podedes ler unha selección dos seus poemas cliqueando na ligazón: aquí.


PROGRAMA DAS XORNADAS. Fonte: LER EN MANCOMÚN


No hay comentarios: