Vestido de negro, sombreiro negro, gafas de pasta negra e ollos negros para falar dunha novela negra que se desenvolve entre Muros, Santiago, o Carballiño e o Salnés. Lugares, todos eles, ben coñecidos por Miguel Anxol Fernández, como tamén o é esta "Marbella galega" na que veraneaba fai uns anos e a que invita a descubrir a todos os lectores de Lume de cobiza da man do detective Fran Soutelo.
Lectura pesimista ao comezo: Fran Soutelo pasa doce horas no avión sen poder aterrar en ningún aeroporto galego por mor do lume que oscureceu o ceo o primeiro de agosto daquel verán de 2006.
O autor garante a verosimilitude da novela. A realidade mestúrase coa ficción, lugares próximos e personaxes reais conviven con outros literarios nunha trama que engancha dende un principio querendo seguir as pistas para descubrir que se esconde detrás da morte dun rapaz novo de Padriñán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario