“ As últimas cartas, as do ano 1936, eran distintas. Aínda que as manifestacións de amor seguían presentes…era doado percibir unha mestura de desacougo e temor polos acontecementos que estaban a ocorrer en Galicia e en España. Xullo debera ser un mes terrible…” Páx 75
“ Os sublevados teñen agora todo o poder, e non queren deixar nada en pe que non se axuste a súa concepción do mundo…Para eles ademais de “rojos ” somos “ separatistas ”, así é como nos chaman. Un só destes cargos xa é suficiente para que a nosa vida non valla nada.” Páx. 76.
“ A María Prieto, a mestra de aquí, de Carral, mallárona a paos e rapáronlle o pelo ao cero, despois levárona pola rúa atada por unha corda coma se fose un animal…” Páx 76-77
“ Por aquí aparecen homes asesinados nas cunetas, un día si e outro tamén…Toda xente inocente, o seu delicto foi defender a legalidade e os avances da República.” Páx 77.
“ Así foi como souben que, despois da sublevación militar de xullo contra o goberno da República, e tras varios intentos inútiles de comunicarse con Sara, o tío abandonara a súa casa, pois un mestre de Burela co que mantiña unha boa relación aparecera asesinado na praia de Area Grande…” Páx 81.
“¿E que sabes desa guerra tan terrible que a avoa non quería nin lembrar? Seguramente nada, catro cousas mal contadas, porque andamos a edificar sobre a desmemoria…
- Hai anos, quizais nin te acordas, chegaches un día do colexio contando o que o profesor vos explicara da guerra civil: unha liorta entre irmáns, onde os dous bandos tiveran a mesma culpa…Lembro que calei…aquel día lle dei unha labazada á memoria do meu tío e de todas as persoas que, coma el, un día soñaron un mundo diferente.” Páx 103

“Pois o medo dos anos da guerra quedoulles metido no corpo para sempre;ou quizais por afastar as lembranzas amargas.”Páx 106
“ Dentro do que cabe, tivo sorte, porque a outros coma el matáronos. Cos que máis se asañaron foi cos que, coma o tío, eran mestres progresistas.” Páx 107.
Documentación aportada por JUAN.