O Club da biblioteca do IES Sanxenxo nace coa intención de que as novas tecnoloxías nos axuden a facilitar a comunicación. Deleitámonos co tacto, sempre suxestivo, dun libro nas nosas mans, pero tamén gustamos das posibilidades que nos brinda a rede para falar sobre el. Outras persoas poden observar aspectos dos que non nos teriamos decatado e, deste xeito, a nosa lectura privada enriquécese, o pracer aumenta...
lunes, 19 de noviembre de 2012
lunes, 5 de noviembre de 2012
miércoles, 24 de octubre de 2012
A filla do ladrón de bicicletas
Da nosa veciña do Grove, Teresa González Costa comezaremos a ler co alumnado do 1º ciclo, a obra coa que a autora gañou o premio Merlín 2010.
Serafina, a filla dun ladrón de bicicletas quere ser equilibrista nun circo con Celerífera, a súa bicicleta. A obra está chea de diálogos moi ben construídos, áxiles, ocorrentes, frescos, divertidos que están moi próximos ao teatro e que a dotan dun gran dinamismo.
Despois de ler a obra podes contestar a estas cuestións feitas por Luis Lagoa que che axudarán a entender mellor a historia: XOGO LIM
Comezamos! Literatura con sabor.
Un menú servido en bandexa de prata. Con enganos. Con Núñez Singala como chef excepcional. Comezamos a degustación. Bo proveito!
Un restaurante literario moi especial. Velaquí un dos libros máis sorprendentes de todos cantos se teñen publicado na nosa lingua nos últimos anos. Literatura á carta. Unha carta literaria. Literatura con sabor.
Historias gorentosas para darlle gusto ao noso padal. Contos para comer, para mastigar de vagar, para gozar e repetir. Un menú completísimo. Dieta de palabras absolutamente perfecta.
Fonte: Ed. Galaxia
viernes, 13 de julio de 2012
Con Iolanda Zúñiga
Fresca e contemporánea. Dúas palabras que describen perfectamente como foi esta última xuntanza do Club de Lectura.
"Vidas post-it" é un libro de relatos curtos, escrito por unha moza chamada Iolanda Zúñiga, moderna e solta, palabras que posiblemente sexan as mellores para a súa descrición, xa que preferiumos falar de forma libre, o que fixo que a charla fóra divertida e agradable.
Inspirados estos relatos por frustracións da vida, o desamor e o feito de ser incomprendida deron como resultado o nacemento do seu primeiro libro, escrito con tan só 27 anos. Recomendado para adorescentes e adultos, un libro co que poderás sentirte identificado/a.
Agora con 37 anos, xa ten escrito nada menos que tres libros. O nomeado antes "Vidas post-it", "Amor amén" e "Periferia". Este último recibiu o Premio Xerais de Novela 2010.
|
viernes, 8 de junio de 2012
Vidas post-it. Iolanda Zúñiga
Contemporáneos e fragmentarios, os de Vidas post-it son relatos curtos, concisos e veloces, que alimentan un receitario de tropezos na vida. Unha tras outra, predominan as situacións cotiás guiadas por condimentos universais: incomunicación, soidade, desamor, abismo, sexo, rutina, violencia, melancolía, drogas, medo e outras miserias que murchan, afogan e desesperan; todo adobado coa fugacidade, precisión e brutalidade da vida sen decorados. Os post-it deste libro de Iolanda Zúñiga, escrito cunha prosa directa e rotunda, atractiva e imantada, son deseños veloces coma tráilers de películas que debuxan vidas marcadas polo naufraxio persoal ou colectivo, afondando no recuncho máis escuro e brutal da propia vida.
Fonte: http://www.xerais.es/
Comentaremos os relatos coa propia autora
o 18 de xuño!!
o 18 de xuño!!
Iolanda Zúñiga foi PREMIO XERAIS 2010
coa súa obra Periferia.
martes, 8 de mayo de 2012
A "Marbella galega" de Fran Soutelo
Vestido de negro, sombreiro negro, gafas de pasta negra e ollos negros para falar dunha novela negra que se desenvolve entre Muros, Santiago, o Carballiño e o Salnés. Lugares, todos eles, ben coñecidos por Miguel Anxol Fernández, como tamén o é esta "Marbella galega" na que veraneaba fai uns anos e a que invita a descubrir a todos os lectores de Lume de cobiza da man do detective Fran Soutelo.
Lectura pesimista ao comezo: Fran Soutelo pasa doce horas no avión sen poder aterrar en ningún aeroporto galego por mor do lume que oscureceu o ceo o primeiro de agosto daquel verán de 2006.
O autor garante a verosimilitude da novela. A realidade mestúrase coa ficción, lugares próximos e personaxes reais conviven con outros literarios nunha trama que engancha dende un principio querendo seguir as pistas para descubrir que se esconde detrás da morte dun rapaz novo de Padriñán.
martes, 1 de mayo de 2012
Miguel Anxo Fernández
O escritor e crítico de cine Miguel Anxo
Fernández chegará ata Sanxenxo o luns 7 de maio para comentar a súa obra Lume
de cobiza, protagonizada polo detective Frank Soutelo e ambientada en escenarios reais que nos son
próximos (Sanxenxo, Santiago, Muros, Vigo, O Carballiño...) no verán do 2006, cando os montes arden de
forma incontrolada por todo o país.
Miguel Anxo Fernández é historiador de formación e cinéfilo de paixón,
o autor creou o sabuxo Frank Soutelo a partir de Un nicho para Marilyn,
gañadora do Premio de Novela Manuel García Barros 2002. O xurado valorou “a
temática infrecuente da obra dentro do panorama literario galego, a súa
perfecta construción, o seu intenso ritmo narrativo e a súa frescura
estilística”. Aquela peripecia converteuse nun éxito que asentou a un personaxe
como un dos máis populares da nosa literatura policial.
+ info: http://www.franksoutelo.com/
viernes, 16 de marzo de 2012
Con Héctor Carré
Onte tivemos a oportunidade de compartir unha tarde co cineasta e escritor Héctor Carré, que veu ao Hotel Justo a falar da súa obra Febre, premio da fundación Nova Caixa Galicia-Claudio San Martín.
Alí xuntámonos profesores, nais e alumnas do club de lectura, para tentar de esclarecer os misterios da súa obra: o nome dos personaxes, os amoríos, a violencia, a economía, en fin a historia dun tempo e dunha vida.
Todo tinguido de anécdotas e de cine. Que sabia mistura o cine e a literatura! Juan Álvarez
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





