lunes, 24 de enero de 2011

JAUREGUIZAR


Un martes como calquera outro, os alumnos de 1ºC acudimos ás clases pola mañá pero logo non fomos ás nosas casas como de costume, senón que quedamos a comer no instituto. Foi por vontade propia, aínda que non o pareza, pero é que no tempo en que moitos nenos e nenas están nas súas casas agardando á hora de voltar ás clases pola tarde, nós iamos a ter unha charla co autor do  libro  A RUTINA CORSARIA , o señor Santiago Jaureguizar, un home coma calquera que traballa nun periódico e que nos seus ratos libres escribe novelas e letras de cancións de hip-hop.

Contóunos algo da súa vida, que de xoven gustábanlle os piratas e por iso escribe sobre piratas, que estudiou Dereito pero que non lle gustou e deixouno... Tamén nos falou un pouco de BALEA MORTA OU LANCHA A PIQUE a continuación da RUTINA CORSARIA. Fixémoslle unhas preguntas, máis ben fixénlle unhas preguntas porque o resto non sei se era por vergoña ou non sei porqué non lle preguntaban nada. Para finalizar a visita asinóunos os libros e a min escribiume unha dedicatoria especial xa que pensa que vou ser xornalista porque disque que lle fixen unha boa entrevista.

Sobre RUTINA CORSARIA.

O libro en si gústame bastante, é un disparate total pero iso é o que o fai moi divertido e emocionante. O autor inclúe cousas no libro que ve a diario coma algún supermercado ou o faro... A historia contase en Ribadeo, a súa vila natal. Martín

                                                                                                                                         

A min Jaureguizar pareceume un moi bo escritor, xa que encantoume o seu libro A Rutina Corsaria. El díxonos que de pequeno non se lle daban ben as matemáticas, pero a Lingua gustáballe moito. Falounos que el fixo A Rutina Corsaria porque de pequeño quería ser un corsario, pero os pais non lle deixaban. Tamén dixo que os feitos ocorrían en Ribadeo porque el vivira uns anos alí, e gustáballe moito aquel lugar.

A Rutina Corsaria gustóume moito porque ten emoción e intriga. A parte que máis me gustou foi cando O Repoludo surcaba o mar do Arco Iris, vivindo aventuras esperando encontrar ao corsario máis temido do mundo, Sir Francis Drake. Moncho


Era un martes como outro calquera e estábamos no instituto. Ese martes quedamos alí a comer.Tan solo quedar alí foi una experiencia moi boa xa que estábamos moitos dos compañeiros da clase.A que non sabedes porque quedamos alí a comer? Pois porque tivemos unha visita dun gran autor chamado Jaureguizar. EL veu grazas ao clube de lectura que o invitou e el aceptou.
Eu pensaba que el ía ser un home con calva e xa moi vello mais… nada que ver. Era bastante xoven. A verdade é que a min encantome coñecelo.Contounos un pouco da súa vida e tamén ensinounos como chegar a ese nivel de autor coma el,é dicir como escribir un libro como os del. Eu de feito lin un  o seu libro titulado A RUTINA CORSARIA. Noelia Pombo



Un martes pola tarde quedamos a comer no instituto porque ía vir un autor dun libro que estabamos a ler. Eu pensaba que ía ser un home baixo e  regordecho, pero era todo o contrario.Era alto e fraco.Nós fixémoslle unha pequena entrevista. Unha das preguntas era porqué sendo vasco escribía en galego. El contestounos que desde moi pequeno viveu en Galicia.

Ahh...! que xa se me olvidaba o libro qu lin foi A rutina corsaria  e estou desexando ler a súa continuación. Balea morta ou lancha a pique. Luis



Dixo que el era e é un periodista, é un señor moi amable, asinounos os libros e dixo que para ser un autor hai que ter moita imaxinación. Alexis
Comentario do libro a Rutina Corsaria :

O libro ao principio moito non o entendíamos, grazas o traballo na clase de L.Galega logramos comprendelo. É unha historia moi bonita e moderna xa que inclue léxico actual. Básase na vida dos piratas e de como unha persoa normal e corrente logra facer un barco con materiais moi sinxelos e forma unha tripulación que con ela vive moitas aventuras...Todas veñen da imaxinación do escritor .É un libro que eu recomendaria que a xente, a partir de 10/12 anos o leera.

Comentario sobre a charla co escritor:

A verdade é que non foi unha charla moi aburrida xa que o escritor logrou que lle prestáramos atención, lóxicamente falamos do libro A Rutina Corsaria e do que lle sigue, explicounos que a el de pequeno gustáballe moito os piratas.
Non sempre dedicouse o periodismo, xa que de primeiras empezou a carreira de Dereito, pero non lle gustou. Tamén nos falou dos outros libros del. Sheila




O martes pola tarde pasámolo moi ben . Estivemos na charla de Jaureizar e estivo contándonos porqué escribiu os libros .

Divertímonos moito escoitando a súa vida, estivo contando cousas da súa infancia e da súa familia, tamén lle fixemos unha serie de preguntas como por exemplo ¿Por que escribiches o libro da Rutina Corsaria? Ao final asinounos o libro. Pasámolo moi ben . Melanie e Noelia Moldes


Para min o de Jaureguizar foi moi interesante porque contounos moitas cousas, unha delas foi que escribiu bastantes libros, un deles foi A RUTINA CORSARIA, que a min gustoume moito. Tamén lle fixemos preguntas e ao final asinounos os libros.   Foi xenial!! Miguel