- Gustoume a súa forma de escoitar. Lorena. 3º B
- Falamos como amigos. Javier 3º B
- Intereactuamos e participamos. A historia da súa avoa foi enternecedora. Noelia. 3º B
- Persoa aberta a todo tipo de opinións e con ganas de escoitarnos. David. 3º B
- Gustome que nos contara cousas da súa vida. Ignacio. 3º B
- Pareceume unha persoa culta e moi educada. Javier. 3º B
- Cautivoume coas palabras. Inés. 3º B
- Gústame que os seus libros se inspiren en estudiantes da vida real. Carolina 3º B
- As súas palabras poñen a pel de galiña. Alejandro 3ºB
- Como a súa avoa antes de morrer, o recoñeceu pra decirlle que xa non lle podía continuar contando más historias. Iván 3º B
- Foi ameno e entretido. Puidemos intervir e expresar libremente a nosa opinión das obras lidas. Raúl 3º B
- Pasoume voando o tempo que estiven na biblioteca. Angie. 2º C
- Gústame a aventura que emprende Mina na que se converte nunha muller. Descubrín nesta conversa que VALDEMULLER existe. Isaac 2º A
- Gustaríame ser un dos personaxes que aparecen nos seus libros, pero non me atrevín a facerlle ningunha pregunta. Yaiza. 1º B
- Contounos porqué Martiño Pedreira levaba ese nome e tamén porque levaba gafas. Explicounos como comezou a escribir e as coincidencias extraordinarias dos seus libros coa realidade. Ramón 1º B
- (...)
O Club da biblioteca do IES Sanxenxo nace coa intención de que as novas tecnoloxías nos axuden a facilitar a comunicación. Deleitámonos co tacto, sempre suxestivo, dun libro nas nosas mans, pero tamén gustamos das posibilidades que nos brinda a rede para falar sobre el. Outras persoas poden observar aspectos dos que non nos teriamos decatado e, deste xeito, a nosa lectura privada enriquécese, o pracer aumenta...
Mostrando entradas con la etiqueta narrativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta narrativa. Mostrar todas las entradas
sábado, 9 de marzo de 2013
Conversa con Neira Cruz
lunes, 4 de marzo de 2013
Valdemuller
Mina é a protagonista de Valdemuller, unha rapaza que cumpre 15 anos nunha familia de mulleres onde esa data ten un significado moi especial. Un dos agasallos que recibe é un colgante fermosísimo con forma de estrela dunha tía-avoa que non coñece. O misterio e a intriga xa están servidos no relato. Mina, coa axuda da súa tía Olga, emprenderá unha viaxe ao lugar de Valdemuller en busca da enigmática tía- avoa, na que descubrirá a súa capacidade para enfrontarse aos problemas por ela mesma.
Vademuller, é unha desas obras que engaiolou ao director arxentino Pablo Vergne, que adaptou o texto da novela á linguaxe de marionetas convertendo "toda a narración en acción", sen deixar de lado a mensaxe da "procura das mulleres dun espazo de igualdade e respecto na sociedade". Ao tempo, que explorou na tradición galega para converter a viaxe iniciática de Mina nunha viaxe de misterios, con trasnos, ánimas en pena e coa Santa Compaña.
Mañá pola tarde, encontro co autor Xosé A. neira Cruz.
martes, 19 de febrero de 2013
Xosé A. Neira Cruz
Hai xa sete anos, no 2006 estivo no centro Xosé A. Neira Cruz que mantivo un encontro daquela co alumnado de 2º ESO. A súa visita foi un bo pretexto para iniciar os boletíns da Biblioteca. Sería un monográfico dedicado ao autor e a súa obra. Pódese ollar no enlace.
O martes 5 de marzo contaremos de novo coa súa presenza, nesta ocasión para xuntarse cos membros do club de lectura.
O martes 5 de marzo contaremos de novo coa súa presenza, nesta ocasión para xuntarse cos membros do club de lectura.
Baltar,18/02/13 19:30 Hora zulú
Presentado polo profesor Juan Álvarez como o cuarto autor que foi distinguido polo premio García Barros que visita o club de lectura despois de Xosé Monteagudo, Jaureguizar e Miguel Anxo Fernández, Santiago Lopo iniciou un diálogo fluído e cheo de matices que se estendeu case ao longo de dúas horas. Nese tempo xurdiron cuestións arredor do proceso de creación da novela e de como foi adquirindo forma, das distintas voces narrativas, dos personaxes e a linguaxe que os caracteriza, dos temas tratados na historia, da importancia do tempo, da tolemia, da ecoloxía... para rematar coas dedicatorias e sinaturas de libros.
Algúns comentarios recollidos:
- Lo primero agradecimiento profundo por la oportunidad brindada de compartir un rato agradable y enriquecedor. Un autor cercano y encantador, es un privilegio leer un libro y poder comentarlo con su creador. Gracias.
- Lectura que me enganchou totalmente desde o primeiro momento. Moitas grazas por darnos estos libros.
- Este libro gustoume, sobre todo polas cousas que aprendes e as vivenzas que trasmite. E para volver a ler.
- Gustoume a mezcla de xéneros.
- Unha novela apaixoante desde a primeira páxina ata a última.
- Un tipo encantador que encerra moitos segredos.
- Sempre é un pracer e un auténtico privilexio poder compartir co autor a súa obra. Unha obra neste caso orixinal pola súa estructura e a temática tratada. Unha obra seria dun autor que promete un gran futuro para as nosas letras.
Valoración da novela: 9'3
martes, 29 de enero de 2013
domingo, 20 de enero de 2013
Algunhas claves interpretativas de Hora zulú
ZULU ou Hora Zulu, designa en usos militares e na navegación aérea o Tempo Universal Coordinado. ZULU representa a letra Z no código Intestán. O seu principal mérito é que permite usar como referencia unha hora en común e non as horas locais coas cales se requiría un proceso de transformación.
Cada fuso horario ten unha letra correlativa como identificación, comezando por Greenwich. Cando unha hora é dada en CUT, UTC ou Zulu, é en realidade a hora na lonxitude 0° a cal atravesa Greenwich, Inglaterra. Todos os fusos horarios arredor do mundo están establecidos en referencia á lonxitude 0° coñecida tamén como o meridiano de Greenwich.
A obra de Santiago Lopo alude dende o seu propio título á quimera da detención do tempo, a ese devezo por frear o seu avance, por conseguir liberarse da súa tiranía. A iso dedica a vida o protagonista, a iso e a facer que o seu tempo transcorra co maior ben e máximo respecto para Pachamama, a deusa Xea, ese ente vivo que o planeta é e ao que os homes nos empeñamos en agredir con atentados antiecolóxicos. O desastre do petroleiro Erika nas costas bretoas en decembro de 1999 xoga un papel decisivo no desenvolvemento argumental.
ENTREVISTA CON SANTIAGO LOPO no blog de Galaxia:
CRÍTICA LITERARIA blog da Asociación de Escritoras en Lingua Galega
Recollemos, a modo de esquema, algúns aspectos significativos:
- "A intriga de Hora zulú consiste na procura da identidade dunha persoa que aparece nunha praia, soa e sen saber quen é."
- "A tipoloxía textual variada (cartas, poesía, informes,…) axuda a diferenciar as voces narrativas e a identificarnos cos personaxes."
- "A estrutura da novela tenta emular un preciso mecanismo de reloxería: apreixar o lector e que non poida deixar a novela porque descoñece o que o espera na páxina seguinte."
- "En varias pasaxes da novela aparece un centro de saúde mental e descríbese a vida que levan os internos, sempre dun xeito amable e con respecto."
Hora zulú é unha novela feita de fragmentos, de rexistros de moi distinta natureza, máis iso non quere dicir que careza dun centro oculto que faga cadrar as pezas desta novela-puzzle. No exercicio narrativo de Santiago Lopo relátase en efecto unha historia e eses fragmentos (poemas, informes hospitalarios, anexos dos mesmos, correos entre dous psiquiatras e cinco textos rotulados co título da novela) non denotan un caixón de xastre, senón que nos remiten a unha historia que un lector activo sabe apreixar".
Encontro co autor: luns 18 de febreiro, ás 18:45h
lunes, 14 de enero de 2013
Hora zulú de Santiago Lopo
Santiago Lopo é de Vigo e profesor de francés. Iniciouse profesionalmente traducindo guións cinematográficos para televisión. En 2006, gañou o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia, con Game Over. En 2009, publicou Peaxes e no 2012 acaba de obter o Premio García Barros coa súa última novela Hora zulú, publicada por Galaxia.
Un home aparece ferido e nu ao pé dun acantilado. Ninguén, nin el mesmo, sabe quen é. En Hora zulú combínanse textos diversos a través dos cales os lectores inician unha busca, coma se se tratase dun xogo que o autor lle propón a quen le. Mediante esa orixinal estrutura, Santiago Lopo mantén a intriga e a tensión narrativa de principio a fin, nunha novela que rompe barreiras, animándonos a soñar e a visitar o outro lado da nosa conciencia. Invitándonos a encontrar a liberdade. (Información da editorial)
Pódese ler unha entrevista a Santiago Lopo e o seu comentario da novela Hora Zulú no blog de Galaxia.
Teremos a oportunidade de falar co autor e contrastar os nosos puntos de vista
o luns 18 febreiro ás 18:45h, na biblioteca do centro.
viernes, 14 de diciembre de 2012
Brasil, Brasil
Publicada por primeira vez en 1968, A miña planta de laranxa lima é a emocionante historia dun neno ao que a vida fará adulto precozmente. Nesta novela, José Mauro de Vasconcelos recreou os seus recordos de infancia no barrio carioca de Bangú cun lirismo e unha tenrura que cautivaron ós lectores dende a súa aparición e que a converteron nun dos libros máis lidos da literatura brasileira contemporánea.
Neste vídeo, Soledad Felloza, actriz e contacontos uruguaia, afincada en Galicia preséntanos este libro e o que supuxo para ela na súa vida.
A editorial Libros del Asteroide permite gozar de moitas das melodías que se entoan no libro. Dende as tristes notas da nai no lavadoiro, ata as xeniais interpretacións do señor Ariovaldo e os tangos que emocionaban a Zezé.
Ao ler a historia contada por Vasconcelos non podemos obviar dúas películas ambientadas no Brasil e que reflexan a sociedade dos anos 60-70, o mundo da infancia, a pobreza, a importancia da cultura, a inxenuidade, o afán de supervivencia... Estamos a falar de Estación central de Brasil e tamén dalgún xeito de Ciudad de Dios.
Estación Central de Brasil invítanos a reflexionar sobre a situación de vulnerabilidade na que se encontra a infancia. ao mesmon tempo que da a coñecer as distintas manifestacións cotiás dos problemas do empobrecemento, temas ámbolos dous presentes no libro de Vasconcelos.
Cuidad de Dios é unha obra extraordinaria de gran contido social que nos permite un achegamento á dura realidade da marginalización urbana en Latinoamérica entre os anos sesenta e os oitenta, centrada no mundo das favelas brasileñas e a situación que viven os nenos nun ambiente de violencia.
miércoles, 12 de diciembre de 2012
Opinamos
A filla do ladrón de bicicletas. Teresa González Costa. Ed. Xerais.
Escollimos este libro porque o título chamounos moito a antención. Gustounos moito aínda que é un pouco triste. Pensamos que é triste porque a pobre Serafina, ten que ir a vivir coa súa tía, a Dona Perfecta que é moi mala e non lle deixa facer nada de nada e ao final do libro róuballe a bicicleta ¡ROUBOULLE A CELERÍFERA!
Tamén é divertido porque Serafina ri, e aínda que sexa a filla do ladrón de bicicletas, no pobo queríana moito. Tiña moitos amigos: Milo, o vello Elías, Beliña ... Serafina pasábao xenial coa súa bicicleta facendo acrobacias, ou como ela dicía "voaba".
Gustounos a parte onde o vello Elías estaba no globo, puxo o disco coa música para que e a tía Perfecta fose detrás del.
Recomendamos este libro porque pasan moitas aventuras, locuras, algunhas tristezas... Dámoslle a este libro un 10 porque é incrivel... E ademais a súa autora é unha escritora que vive moi cerquiña nosa.
¡Serafina, miña nai ten a Celerífera na tenda...! Trouxoa o vello Elías, seica esta chea de algas e de area". É o que di Milo cando atopan a bicicleta de Serafina. (Páxina 143)
Laura, Alba, Vanesa, Sonia e Paola 1º ESO
miércoles, 24 de octubre de 2012
A filla do ladrón de bicicletas
Da nosa veciña do Grove, Teresa González Costa comezaremos a ler co alumnado do 1º ciclo, a obra coa que a autora gañou o premio Merlín 2010.
Serafina, a filla dun ladrón de bicicletas quere ser equilibrista nun circo con Celerífera, a súa bicicleta. A obra está chea de diálogos moi ben construídos, áxiles, ocorrentes, frescos, divertidos que están moi próximos ao teatro e que a dotan dun gran dinamismo.
Despois de ler a obra podes contestar a estas cuestións feitas por Luis Lagoa que che axudarán a entender mellor a historia: XOGO LIM
Comezamos! Literatura con sabor.
Un menú servido en bandexa de prata. Con enganos. Con Núñez Singala como chef excepcional. Comezamos a degustación. Bo proveito!
Un restaurante literario moi especial. Velaquí un dos libros máis sorprendentes de todos cantos se teñen publicado na nosa lingua nos últimos anos. Literatura á carta. Unha carta literaria. Literatura con sabor.
Historias gorentosas para darlle gusto ao noso padal. Contos para comer, para mastigar de vagar, para gozar e repetir. Un menú completísimo. Dieta de palabras absolutamente perfecta.
Fonte: Ed. Galaxia
martes, 1 de mayo de 2012
Miguel Anxo Fernández
O escritor e crítico de cine Miguel Anxo
Fernández chegará ata Sanxenxo o luns 7 de maio para comentar a súa obra Lume
de cobiza, protagonizada polo detective Frank Soutelo e ambientada en escenarios reais que nos son
próximos (Sanxenxo, Santiago, Muros, Vigo, O Carballiño...) no verán do 2006, cando os montes arden de
forma incontrolada por todo o país.
Miguel Anxo Fernández é historiador de formación e cinéfilo de paixón,
o autor creou o sabuxo Frank Soutelo a partir de Un nicho para Marilyn,
gañadora do Premio de Novela Manuel García Barros 2002. O xurado valorou “a
temática infrecuente da obra dentro do panorama literario galego, a súa
perfecta construción, o seu intenso ritmo narrativo e a súa frescura
estilística”. Aquela peripecia converteuse nun éxito que asentou a un personaxe
como un dos máis populares da nosa literatura policial.
+ info: http://www.franksoutelo.com/
viernes, 16 de marzo de 2012
Con Héctor Carré
Onte tivemos a oportunidade de compartir unha tarde co cineasta e escritor Héctor Carré, que veu ao Hotel Justo a falar da súa obra Febre, premio da fundación Nova Caixa Galicia-Claudio San Martín.
Alí xuntámonos profesores, nais e alumnas do club de lectura, para tentar de esclarecer os misterios da súa obra: o nome dos personaxes, os amoríos, a violencia, a economía, en fin a historia dun tempo e dunha vida.
Todo tinguido de anécdotas e de cine. Que sabia mistura o cine e a literatura! Juan Álvarez
lunes, 16 de enero de 2012
Febre.Héctor Carré
HECTOR CARRÉ foi o último premio XERAIS e da Fundación
Nova Caixa Galicia-Claudio San Martín de Literatura Xuvenil 2011
coa súa obra Febre.
Sipnose:
Un avó cóntalle á súa neta adolescente unha historia roubándolle a súa atención ás pantallas que contan outras historias. Quere mostrarlle como todas as rapazas da súa idade, de todos os tempos, teñen problemas de entendimento cos pais, e ao tempo, ensinarlle parte da historia da súa familia.
Febre responde á febre do wolframio, aquela que tivo lugar entre entre nós nos tempos da primeira posquerra. Coma a febre do ouro é unha enfermidade social, unha situación límite onde cada un asume o papel que lle toca: de desgraciados a maioría, de negociantes e novos ricos outros, de aproveitados moitos,... O rol de cada un deles está claro, o das forzas do orden e o dos que foron expulsados para moverse nas lindes. Unha moza como Guillermo Tell, como Pepa a Loba, convertendo a debilidade en fortaleza móvese entre todo ese desastre social e entre espías...
Situada en Noia e Lousame, móstranos lugares coñecidos como o casino da vila onde ata hai ben pouco eran famosas as timbas e personaxes tamén recoñecibles, como ese Marelo do que Avilés de Taramancos falara xa nas crónicas recollidas en Obra viva. Por iso, esta é unha boa ocasión para desfrutar da novela e ir dela a outras que tratan os mesmos temas como Cabalo de ouros de Freixanes, e a outros libros como o citado de Avilés ou os libros de historia de Noia de Agrafoxo
Fonte: Rede
Lectura
jueves, 16 de junio de 2011
Domingo Villar ou o pracer da novela negra
O domingo 5 de xuño, o xornal El País, publicaba na sección "Gallegos en la escalera" o artigo de Paco López Barxas, que sintetizo aquí:
Escritor y novelista brillante, Domingo Villar aparece vinculado a uno de los fenómenos editoriales más destacados de estos últimos años sin que él mismo haya podido imaginar, probablemente, la irresistible atracción de la que son objeto sus libros. Pero, ¿cuál es su secreto? Sin duda la creación de un mundo propio dentro de la novela negra; un mundo con su tiempo y espacio determinados, laberintos y misterios, que provoca en el lector que lo descubre el placer por habitarlo. Es como degustar el aroma de un vino nuevo fermentado en la bodega de la mejor literatura de intriga. (...)
A la vista de los resultados, tan contundentes en el número de traducciones como en las cifras de superventas, es fácil de entender por qué Domingo Villar ha cautivado el interés de los lectores con tan solo dos novelas en su historial narrativo. Y es fácil porque, desde su ADN como escritor, ha logrado contagiarnos de una atmósfera especial en sus relatos, sostenida como pretexto para mostrarnos la sencilla complejidad de sus criaturas de ficción. Porque a Villar, como a los grandes, no se le conoce a través de sus libros; se le reconoce. Da lo mismo que en su primera novela, un crimen escalofriante se esconda en un apartamento del piso 18 de la viguesa torre de la isla de Toralla o que, en uno de sus artículos de prensa, un viejo pianista recuerde en un club de jazz de Berlín la vida de un adolescente gallego dado por muerto en 1938. Y da lo mismo porque lo que nos fascina de este joven autor es su manera de narrar, el manejo virtuoso de la ironía y el clima de tensión con los que construye auténticas escenas memorables. Eso es lo importante.
Notas:
- Nació en Vigo en 1971.
- Crítico gastronómico y tertuliano de libros y fútbol en la radio
- Escribe en gallego y se traduce a sí mismo al castellano.
- 2006. Ollos de auga. Traducida al inglés, alemán, italiano, ruso, búlgaro y sueco.
Premio Frei Martín Sarmiento, Premio Sintagma, Premio Brigada 21.
- 2009. A praia dos afogados. Traducida al polaco, italiano, alemán, francés, holandés e inglés.
- Premio Antón Losada Diéguez, Libro del año por la Federación de Libreros de Galicia, Autor del año por la revista Fervenzas literarias, Premio Brigada 21, Finalista al Premio Libro del Año del Gremio de Libreros de Madrid, Finalista al Premio Novelpol.
Vídeo de presentación da novela por Siruela:
domingo, 29 de mayo de 2011
A noite do Risón
Gonzalo Moure é un dos escritores máis recoñecidos da literatura infantil e xuvenil. As súas obras , escritas en castelán son traducidas ao galego, ata tal punto que o incluimos dentro da nómina dos escritores da nosa terra. Non é casual. Aínda que nacido en Valencia, vive desde 1989 en Asturias e ten visitado Galicia en numerosas ocasións dando conferencias e tamén charlas polos institutos e colexios.
Poderíamos citar moitos dos seus títulos Palabras de Caramelo, A la mierda la bicicleta, Tuva, El beso del Sahara..., obras todas elas que están na biblioteca e que o alumnado está a ler. A noite do Risón é outrodos seus libros que ten como telón de fondo o mar. O mar que salpicou este ano as nosas lecturas. Nesta ocasión a acción sitúanos nun bar de pescadores dunha vila da costa do Cantábrico, nunha noite de treboada. O misterio está garantizado.
miércoles, 23 de febrero de 2011
Con Marcos Calveiro
Resumir a xornada de onte na compañía dunha persoa excepcional, non resulta doado. Marcos Calveiro, autor de Festina Lente e O canto dos peixes, deixou unha forte pegada nos membros do club, que non tiñan présa por marchar as súas casas. O tempo pasou entre conversas, risas e xestos de admiración ao escoitar falar do transfondo que hai detrás dunha obra literaria, os anos invertidos na investigación, o proceso de seleccion da documentación, a capacidade de reter os datos e volcalos despois no escrito para crear unha historia novelada.
En Festina, hai moito do mundo no que vivimos hoxe, se somos quen de darnos conta que non somos tan libres como cremos. A reflexión do que se está a perder a causa do progreso é o tema principal de O canto dos peixes, ademais da historia de amizade entre o neno e o vello mariñeiro, tema recurrente nas outras obras do autor.
A nosa admiración para o escritor, salvagarda das palabras, ao que lle gustan os dicionarios e o latín.
Marcos Calveiro abriu un blog cando publicou o seu libro Festina lente. Alí podeses atopar moita máis información sobre a obra.
lunes, 24 de enero de 2011
JAUREGUIZAR
Un martes como calquera outro, os alumnos de 1ºC acudimos ás clases pola mañá pero logo non fomos ás nosas casas como de costume, senón que quedamos a comer no instituto. Foi por vontade propia, aínda que non o pareza, pero é que no tempo en que moitos nenos e nenas están nas súas casas agardando á hora de voltar ás clases pola tarde, nós iamos a ter unha charla co autor do libro A RUTINA CORSARIA , o señor Santiago Jaureguizar, un home coma calquera que traballa nun periódico e que nos seus ratos libres escribe novelas e letras de cancións de hip-hop.
Contóunos algo da súa vida, que de xoven gustábanlle os piratas e por iso escribe sobre piratas, que estudiou Dereito pero que non lle gustou e deixouno... Tamén nos falou un pouco de BALEA MORTA OU LANCHA A PIQUE a continuación da RUTINA CORSARIA. Fixémoslle unhas preguntas, máis ben fixénlle unhas preguntas porque o resto non sei se era por vergoña ou non sei porqué non lle preguntaban nada. Para finalizar a visita asinóunos os libros e a min escribiume unha dedicatoria especial xa que pensa que vou ser xornalista porque disque que lle fixen unha boa entrevista.
Sobre RUTINA CORSARIA.
O libro en si gústame bastante, é un disparate total pero iso é o que o fai moi divertido e emocionante. O autor inclúe cousas no libro que ve a diario coma algún supermercado ou o faro... A historia contase en Ribadeo, a súa vila natal. Martín
A min Jaureguizar pareceume un moi bo escritor, xa que encantoume o seu libro A Rutina Corsaria. El díxonos que de pequeno non se lle daban ben as matemáticas, pero a Lingua gustáballe moito. Falounos que el fixo A Rutina Corsaria porque de pequeño quería ser un corsario, pero os pais non lle deixaban. Tamén dixo que os feitos ocorrían en Ribadeo porque el vivira uns anos alí, e gustáballe moito aquel lugar.
A Rutina Corsaria gustóume moito porque ten emoción e intriga. A parte que máis me gustou foi cando O Repoludo surcaba o mar do Arco Iris, vivindo aventuras esperando encontrar ao corsario máis temido do mundo, Sir Francis Drake. Moncho
Era un martes como outro calquera e estábamos no instituto. Ese martes quedamos alí a comer.Tan solo quedar alí foi una experiencia moi boa xa que estábamos moitos dos compañeiros da clase.A que non sabedes porque quedamos alí a comer? Pois porque tivemos unha visita dun gran autor chamado Jaureguizar. EL veu grazas ao clube de lectura que o invitou e el aceptou.
Eu pensaba que el ía ser un home con calva e xa moi vello mais… nada que ver. Era bastante xoven. A verdade é que a min encantome coñecelo.Contounos un pouco da súa vida e tamén ensinounos como chegar a ese nivel de autor coma el,é dicir como escribir un libro como os del. Eu de feito lin un o seu libro titulado A RUTINA CORSARIA. Noelia Pombo
Un martes pola tarde quedamos a comer no instituto porque ía vir un autor dun libro que estabamos a ler. Eu pensaba que ía ser un home baixo e regordecho, pero era todo o contrario.Era alto e fraco.Nós fixémoslle unha pequena entrevista. Unha das preguntas era porqué sendo vasco escribía en galego. El contestounos que desde moi pequeno viveu en Galicia.
Ahh...! que xa se me olvidaba o libro qu lin foi A rutina corsaria e estou desexando ler a súa continuación. Balea morta ou lancha a pique. Luis
Dixo que el era e é un periodista, é un señor moi amable, asinounos os libros e dixo que para ser un autor hai que ter moita imaxinación. Alexis
Comentario do libro a Rutina Corsaria :
O libro ao principio moito non o entendíamos, grazas o traballo na clase de L.Galega logramos comprendelo. É unha historia moi bonita e moderna xa que inclue léxico actual. Básase na vida dos piratas e de como unha persoa normal e corrente logra facer un barco con materiais moi sinxelos e forma unha tripulación que con ela vive moitas aventuras...Todas veñen da imaxinación do escritor .É un libro que eu recomendaria que a xente, a partir de 10/12 anos o leera.
Comentario sobre a charla co escritor:
A verdade é que non foi unha charla moi aburrida xa que o escritor logrou que lle prestáramos atención, lóxicamente falamos do libro A Rutina Corsaria e do que lle sigue, explicounos que a el de pequeno gustáballe moito os piratas.
Non sempre dedicouse o periodismo, xa que de primeiras empezou a carreira de Dereito, pero non lle gustou. Tamén nos falou dos outros libros del. Sheila
O martes pola tarde pasámolo moi ben . Estivemos na charla de Jaureizar e estivo contándonos porqué escribiu os libros .
Divertímonos moito escoitando a súa vida, estivo contando cousas da súa infancia e da súa familia, tamén lle fixemos unha serie de preguntas como por exemplo ¿Por que escribiches o libro da Rutina Corsaria? Ao final asinounos o libro. Pasámolo moi ben . Melanie e Noelia Moldes
Para min o de Jaureguizar foi moi interesante porque contounos moitas cousas, unha delas foi que escribiu bastantes libros, un deles foi A RUTINA CORSARIA, que a min gustoume moito. Tamén lle fixemos preguntas e ao final asinounos os libros. Foi xenial!! Miguel
miércoles, 22 de diciembre de 2010
jueves, 18 de noviembre de 2010
Balea morta ou lancha a pique
Estamos diante dunha novela de aventuras. Subxénero de piratas. É a segunda entrega de As aventuras do capitán Thunderskin. A primeira serie de novelas de piratas da literatura galega. Aventuras trepidantes, fantasía desbordada, humor a mans cheas, xogo con anacronismos deliberados (videoxogos, baleas clónicas…) e o telón de fondo constante da Moby Dick de Herman Melville.
Apreciamos a mestura de mundos. Piratas e pirados, idealismo e materialismo da man do capitán e o portugués, dando voltas por unha actualidade de mundo globalizado. Sen que falten as doses de humor e imaxinación.
Información aportada por Pilar Sampedro nunha proposta didáctica elaborada para a editorial Xerais.
O martes 23 teremos a oportunidade de poder coñecer ao seu autor, Santiago Jaureguizar e intercambiar diferentes puntos de vista sobre a lectura do seu libro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














