Fresca e contemporánea. Dúas palabras que describen perfectamente como foi esta última xuntanza do Club de Lectura.
"Vidas post-it" é un libro de relatos curtos, escrito por unha moza chamada Iolanda Zúñiga, moderna e solta, palabras que posiblemente sexan as mellores para a súa descrición, xa que preferiumos falar de forma libre, o que fixo que a charla fóra divertida e agradable.
Inspirados estos relatos por frustracións da vida, o desamor e o feito de ser incomprendida deron como resultado o nacemento do seu primeiro libro, escrito con tan só 27 anos. Recomendado para adorescentes e adultos, un libro co que poderás sentirte identificado/a.
Agora con 37 anos, xa ten escrito nada menos que tres libros. O nomeado antes "Vidas post-it", "Amor amén" e "Periferia". Este último recibiu o Premio Xerais de Novela 2010.