Tiven a certeza de que un libro compartido duplica o seu gozo.
Emilio Pascual . Días de Reis Magos
O CLUB DE LECTURA créase no curso 2006-2007 como unha actividade
enmarcada dentro do proxecto da Biblioteca, dirixido ao alumnado de todos os
niveis educativos da ESO. Defínense as bases e elabórase un documento
que regula o seu funcionamento e periodicidade.
No seguinte curso académico consolídase como unha actividade
específica de fomento da lectura contextualizada dentro do Plan lector do
centro, pero será no curso 2008/2009 cando o club de lectura emerxerá cun
impulso renovado ao presentarse á convocatoria específica para Clubs de
lectura da Consellería de Educación de Galicia. Será a partir de novembro do
2008 cando se abran as portas á toda a comunidade educativa, ao mesmo tempo que
nace este blog como medio de difusión e contacto co exterior.
Dende entón formamos parte dos Clubs de lectura subvencionados
pola Consellería e asistimos ás xornadas de formación, formando parte dun espazo en "mancomún" creado nas Bibliotecas escolares galegas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario