Publicada por primeira vez en 1968, A miña planta de laranxa lima é a emocionante historia dun neno ao que a vida fará adulto precozmente. Nesta novela, José Mauro de Vasconcelos recreou os seus recordos de infancia no barrio carioca de Bangú cun lirismo e unha tenrura que cautivaron ós lectores dende a súa aparición e que a converteron nun dos libros máis lidos da literatura brasileira contemporánea.
Neste vídeo, Soledad Felloza, actriz e contacontos uruguaia, afincada en Galicia preséntanos este libro e o que supuxo para ela na súa vida.
A editorial Libros del Asteroide permite gozar de moitas das melodías que se entoan no libro. Dende as tristes notas da nai no lavadoiro, ata as xeniais interpretacións do señor Ariovaldo e os tangos que emocionaban a Zezé.
Ao ler a historia contada por Vasconcelos non podemos obviar dúas películas ambientadas no Brasil e que reflexan a sociedade dos anos 60-70, o mundo da infancia, a pobreza, a importancia da cultura, a inxenuidade, o afán de supervivencia... Estamos a falar de Estación central de Brasil e tamén dalgún xeito de Ciudad de Dios.
Estación Central de Brasil invítanos a reflexionar sobre a situación de vulnerabilidade na que se encontra a infancia. ao mesmon tempo que da a coñecer as distintas manifestacións cotiás dos problemas do empobrecemento, temas ámbolos dous presentes no libro de Vasconcelos.
Cuidad de Dios é unha obra extraordinaria de gran contido social que nos permite un achegamento á dura realidade da marginalización urbana en Latinoamérica entre os anos sesenta e os oitenta, centrada no mundo das favelas brasileñas e a situación que viven os nenos nun ambiente de violencia.