Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de junio de 2013

No teatro e no parque

Con motivo da representación  da obra de Roberto Vidal Bolaño, Días sen gloria, polo Centro Dramático Galego en Pontevedra,  algúns dos compoñentes do club de lectura desplazámonos ata alí para asistir a dita representación. Ao finalizar poidemos compartir as nosas impresións nun ambiente distendido. Foi unha bonita xornada coa que despedimos as actividades do club deste curso. 




O grupo dos máis pequenos organizamos unha mini-merenda no parque e falamos do último libro elexido libremente por cada un deles compartindo os motivos da escolleita. Aproveitamos as raiolas de sol para recomendarnos lecturas para o verán. 




martes, 21 de mayo de 2013

Días sen gloria de Roberto Vidal Bolaño


O Centro Dramático Galego dedícalle a Roberto Vidal Bolaño, o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas a posta en escena de Días sen gloria dirixida por Fefa Noia, sendo a primeira  muller que afronta o reto profesional de levar a escena un texto de Vidal Bolaño.

O elenco de actores está encabezado por Manuel Manquiña e  Eva Souto que dan vida aos protagonistas da historia. 

Vidal Bolaño sitúa no Camiño de Compostela dous personaxes: un vello e unha muller nova, nos que concorren todas as virtudes e miserias humanas. Ela debe atopar a un cabaleiro que a enganou por non pagarlle os seus servizos amatorios durante dúas semanas.  Para conseguilo fai tratos co vello, que é  sabedor dos atallos, recunchos e perigos que ten a viaxe. Entre eles mediará a desconfianza, pero pouco a pouco irá cambiando por atracción e compañerismo ata chegar a un final que non nos deixará indiferentes.  



     Texto extraído do CDG

    A obra represéntase en Pontevedra o xoves 30 de maio. Unha oportunidade para coñecer    
    unha das obras referente de Vidal Bolaño.

+ INFO:   CDG 

Documentos




·         Corte son 1 "Días sen gloria"

·         Corte son 2 "Días sen gloria"

·         Corte son 3 "Días sen gloria"







lunes, 4 de marzo de 2013

Valdemuller

Mina é a protagonista de Valdemuller, unha rapaza que cumpre 15 anos nunha familia de mulleres onde esa data ten un significado moi especial. Un dos agasallos que recibe é un colgante fermosísimo con forma de estrela dunha tía-avoa que non coñece. O misterio e a intriga xa están servidos no relato. Mina, coa axuda da súa tía Olga, emprenderá unha viaxe ao lugar de Valdemuller en busca da enigmática tía- avoa, na que descubrirá a súa capacidade para enfrontarse aos problemas por ela mesma. 





Vademuller, é unha desas obras que engaiolou  ao  director arxentino  Pablo Vergne, que  adaptou o texto da novela á linguaxe de marionetas convertendo "toda a narración en acción", sen deixar de lado a mensaxe da "procura das mulleres dun espazo de igualdade e respecto na sociedade". Ao tempo, que explorou na tradición galega para converter a viaxe iniciática de Mina nunha viaxe de misterios, con trasnos, ánimas en pena e coa Santa Compaña.


Mañá pola tarde,  encontro co autor Xosé A. neira Cruz. 

martes, 10 de enero de 2012

A moneca viaxa a Galicia

A compañía de teatro galega Emedous representará nos escenarios Kafka e a moneca viaxeira,  unha versión en lingua galega da obra homónima de Jordi Sierra i Fabra.  A obra de teatro estará no


1º. Forum Metropolitano de A Coruña do 20 ao 22 de xaneiro
. Auditorio Municipal de Narón o 29 de xaneiro 
Teatro Principal de Pontevedra o  6 e 7 de marzo
4º. Auditorio Municipal de Vigo o 22 de abril. 

É unha oportunidade magnífica de volver a revivir as inquedanzas desta moneca inquieta, que chega agora a Galicia como agasallo de Reis.

viernes, 29 de enero de 2010

El baile de Irène Némirovsky.

O Teatro Nacional de Cataluña  representou ata o 3 de xaneiro un espectáculo de teatro-danza dirixido por Sergi Belbel a partir da novela de Irène Némirovsky,  El baile  que acabamos de ler e comentar no Club. Un duelo interpretativo entre estas dúas mulleres Anna Lizaran e Sol Picó que dan vida a Madame Kampf e a Antoinette, nai e  filla  respectivamente dunha familia de novos ricos.

Permitídevos uns minutos para ver o vídeo pois realmente vale a pena.