A
actividade animadora máis frutífera que existe é "falar de libros".
Nada crea mellores expectativas lectoras que escoitar a alguén que nos
fala dun libro con paixón. Crear un ambiente no cal se fala de libros sen
ataduras academicistas, é establecer uns alicerces sólidos nos que
fundamentar a afección á lectura. Tanto é así que, no que se refire
a espertar o desexo de ler, non existe técnica nin estratexia
mellor. Xabier P. Docampo
O Club da biblioteca do IES Sanxenxo nace coa intención de que as novas tecnoloxías nos axuden a facilitar a comunicación. Deleitámonos co tacto, sempre suxestivo, dun libro nas nosas mans, pero tamén gustamos das posibilidades que nos brinda a rede para falar sobre el. Outras persoas poden observar aspectos dos que non nos teriamos decatado e, deste xeito, a nosa lectura privada enriquécese, o pracer aumenta...