martes, 26 de marzo de 2013

Makinaria de Carlos Negro


AUTOBIOGRAFÍA (Adaptación)
Fonte: BVG

        Nacín na vila de Lalín en1970; da infancia, lembro a rúa da Cacharela, a casa dos avós (Avenida de Buenos Aires, nº 1), a droguería con louza Duralex e pintura Titanlux (antes da invasión dos supermercados), os caramelos de nata (a peseta a unidade), os debuxos de Mazinguer Zeta (¡fuego de pecho!), os partidos de fútbol nas leiras (previos á especulación urbanística), o cheiro concentrado a laca na perruquería "Romero" (onde miña nai lles facía a manicura ás señoritas).

     Eu nunca fun un neno de aldea, mais a aldea entrou en min a través da casa de Agolada, avós paternos, estirpe de terra negra, muíño de fariña albeira, maquías e millo, tréqueles da Singer, a mesa de carpinteiro, as espadas de madeira, o banco comunal da cociña, a zorza e as filloas de sangue, o manto da chuvia na follaxe das parras, no tambor das uralitas... Desa memoria tamén procedo, aínda que eu falaba castellano, porque era un niño bueno.
        (...)
     
       Nos oitenta, fixen o Bacharelato no Instituto Público de Lalín; daquela lembro que eu era tímido, máis ben calado, retraído, atento e sixiloso. Eu estudiaba moito porque non era quen de ser rebelde, mentres os chicos malos fumaban descarados e ligaban coas mozas máis feitas (lei de vida). Daquela era o esplendor das discotecas: por exemplo, Krakatoa. E na banda sonora da adolescencia soaban Golpes Bajos, Alaska, Siniestro Total, Duncan Dhu, Radio Futura, Queen, Pink Floyd, The Cure...

     Do Instituto recordo a influencia de dous profesores: Luz Marina e Mario; eles foron responsables de que eu aceptase cánto me gustaba a literatura, a pesar de min mesmo, a pesar do meu apoucamento, a pesar de que eu, de maior, aínda non quería ser nada. Eles botaron a semente que me animou a estudiar Filoloxía en Santiago de Compostela. E aí comezou outra xeira.

      (...)
     Ó oficio poético cheguei relativamente tarde, a mediados dos noventa, case sen querer, sen reflexión previa do cómo e do por qué; pero cando rompín a escribir versos, souben, a posteriori, que a palabra se me estaba impoñendo como un instrumento para exercer a memoria e buscar a verdade (a miña memoria e a miña verdade); fun descubrindo un órgano subxectivo de comunicación e coñecemento, un terceiro pulmón invisible que me dota de osíxeno, unha bocalada de palabras que me respiran desde dentro, que non pretenden impoñer un sentido, senón que son en si mesmas o sentido inherente ó ritmo, nun fráxil equilibrio entre o racional e o intuído, entre a técnica exacta e o momento propicio.




Propoñemos para coñecer máis a este autor a lectura do seu poemario MAKINARIA. Unha obra dirixida aos lectores mozos, amantes da velocidade e o risco, cun destino que fai gala ao apelido do autor cando se actúa de forma inconsciente.
Imaxe e máiis información no Club de lectura dos retelladores da Estrada: lernolosada
Adiante cos poemas! A todo gas!!

Cliqueade no enlace despois de rematar a lectura para seguir esta guía interactiva feita por Rosa Salgueiro.

Que a disfrutedes!


sábado, 9 de marzo de 2013

Conversa con Neira Cruz

  • Gustoume a súa forma de escoitar. Lorena. 3º B
  • Falamos como amigos. Javier 3º B
  • Intereactuamos e participamos. A historia da súa avoa foi enternecedora. Noelia. 3º B
  • Persoa aberta a todo tipo de opinións e con ganas de escoitarnos. David. 3º B
  • Gustome que nos contara cousas da súa vida. Ignacio. 3º B
  • Pareceume unha persoa culta e moi educada. Javier. 3º B
  • Cautivoume coas palabras. Inés. 3º B
  • Gústame que os seus libros se inspiren en estudiantes da vida real. Carolina 3º B
  • As súas palabras poñen a pel de galiña. Alejandro 3ºB
  • Como a súa avoa antes de morrer,  o recoñeceu pra decirlle que xa non lle podía continuar contando más historias. Iván 3º B
  • Foi ameno e entretido.  Puidemos intervir e expresar libremente a nosa opinión das obras lidas. Raúl 3º B
  • Pasoume voando o tempo que estiven na biblioteca. Angie. 2º C
  • Gústame a aventura que emprende Mina na que se converte nunha muller. Descubrín nesta conversa que VALDEMULLER existe. Isaac 2º A
  • Gustaríame ser un dos personaxes que aparecen nos seus libros, pero non me atrevín a facerlle ningunha pregunta. Yaiza. 1º B
  • Contounos porqué Martiño Pedreira levaba ese nome e tamén porque levaba gafas. Explicounos como comezou a escribir e as coincidencias extraordinarias dos seus libros coa realidade. Ramón 1º B
  • (...)





lunes, 4 de marzo de 2013

Valdemuller

Mina é a protagonista de Valdemuller, unha rapaza que cumpre 15 anos nunha familia de mulleres onde esa data ten un significado moi especial. Un dos agasallos que recibe é un colgante fermosísimo con forma de estrela dunha tía-avoa que non coñece. O misterio e a intriga xa están servidos no relato. Mina, coa axuda da súa tía Olga, emprenderá unha viaxe ao lugar de Valdemuller en busca da enigmática tía- avoa, na que descubrirá a súa capacidade para enfrontarse aos problemas por ela mesma. 





Vademuller, é unha desas obras que engaiolou  ao  director arxentino  Pablo Vergne, que  adaptou o texto da novela á linguaxe de marionetas convertendo "toda a narración en acción", sen deixar de lado a mensaxe da "procura das mulleres dun espazo de igualdade e respecto na sociedade". Ao tempo, que explorou na tradición galega para converter a viaxe iniciática de Mina nunha viaxe de misterios, con trasnos, ánimas en pena e coa Santa Compaña.


Mañá pola tarde,  encontro co autor Xosé A. neira Cruz.