O Club da biblioteca do IES Sanxenxo nace coa intención de que as novas tecnoloxías nos axuden a facilitar a comunicación. Deleitámonos co tacto, sempre suxestivo, dun libro nas nosas mans, pero tamén gustamos das posibilidades que nos brinda a rede para falar sobre el. Outras persoas poden observar aspectos dos que non nos teriamos decatado e, deste xeito, a nosa lectura privada enriquécese, o pracer aumenta...
miércoles, 2 de marzo de 2011
Ler, escribir, amar
Tras estas últimas semanas de unpluggeds polos centros de ensino do país e malia a sensación que tiven ás veces no pasado de que a miña presencia era unha produto cultural máis que se vendía co libro, no podo mais que falar en positivo desta experiencia como un importante elemento dinamizador nas políticas de fomento da lectura entre os rapaces. Explícome:
En 1º lugar os educadores ven recompensado o seu traballo na aula cando asisten a diálogo fecundo que se establece en moitas ocasións entre o autor e os seus lectores, pequenos en idade pero non en comprensión e capacidade. Eu albisco o orgullo en moitos do seus rostro ao fondo das salas onde falamos cando unha das súas alumnas me mete nun apuro ou inicia comigo unha boa retesía. Supoño que iso lles dá azos para seguir adinte na súa loita cotiá nas aulas aramados de libros e palabras fronte a todo ese ocio dixital que case monopoliza o lecer de moitos nenos.
En 2º lugar moitos dos nenos, non digo todos porque estaría mentindo, teñen a oportunidade de dialogar cun autor, figura que anque vos semella incrible moitos deles aínda reverencian nos tempos que corren. Eu sempre baixo da tarima paseo entre eles para que falemos de igual a igual e alporízame cando me chaman profe por descoido ou me tratan de vostede. Nenos que aprezan unha dedicatoria especial, incluso nun caderno cando esqueceron o libro. E non digades que os tiran ao lixo. Non é certo. Este mesmo ano comprobeino cunha rapaza que tiña a dedicatoria que lle fixera o curso pasado nun anaco de papel pegado con celo no libro e que pediu que se lla podía repetir, agora si, no propio libro. Nenos que lle entregan a autor como se fosen un tesouro poemas, relatos baseados na súa propia obra ou que veñen cos seus propios textos na procura de consello. Eu gardo cartas de rapaces para que llas entregue a Abdul en Bagdad, poemas sobre o mar dedicados ao vello mariño Ismael, debuxos apócrifos de Van Gogh e ata un sombreiro decorado con malvas. Máis non se pode pedir.
Seguirei acudindo aos centros de ensino, porque alí onde algúns só ven unha interesada operación comercial, eu vexo algo máis no brillo dos ollos dos rapaces e ás súas mestras. Vexo a paixón e a emoción do lector que fun, unha paixón e a emoción que confeso que perdín, pero que aínda albisco nos meus ollos cando escribo. Quizabes por iso o fago, por recuperar dalgún xeito a aquel lector insomne de trece anos que lía baixo as sabas á luz dunha lanterna.
Título e texto de Marcos Calveiro recollido do seu blog Alfaias
Os que nos adicamos a educación comprendemos ben o significado das túas palabras. Mil grazas!
miércoles, 23 de febrero de 2011
Con Marcos Calveiro
Resumir a xornada de onte na compañía dunha persoa excepcional, non resulta doado. Marcos Calveiro, autor de Festina Lente e O canto dos peixes, deixou unha forte pegada nos membros do club, que non tiñan présa por marchar as súas casas. O tempo pasou entre conversas, risas e xestos de admiración ao escoitar falar do transfondo que hai detrás dunha obra literaria, os anos invertidos na investigación, o proceso de seleccion da documentación, a capacidade de reter os datos e volcalos despois no escrito para crear unha historia novelada.
En Festina, hai moito do mundo no que vivimos hoxe, se somos quen de darnos conta que non somos tan libres como cremos. A reflexión do que se está a perder a causa do progreso é o tema principal de O canto dos peixes, ademais da historia de amizade entre o neno e o vello mariñeiro, tema recurrente nas outras obras do autor.
A nosa admiración para o escritor, salvagarda das palabras, ao que lle gustan os dicionarios e o latín.
Marcos Calveiro abriu un blog cando publicou o seu libro Festina lente. Alí podeses atopar moita máis información sobre a obra.
lunes, 24 de enero de 2011
JAUREGUIZAR
Un martes como calquera outro, os alumnos de 1ºC acudimos ás clases pola mañá pero logo non fomos ás nosas casas como de costume, senón que quedamos a comer no instituto. Foi por vontade propia, aínda que non o pareza, pero é que no tempo en que moitos nenos e nenas están nas súas casas agardando á hora de voltar ás clases pola tarde, nós iamos a ter unha charla co autor do libro A RUTINA CORSARIA , o señor Santiago Jaureguizar, un home coma calquera que traballa nun periódico e que nos seus ratos libres escribe novelas e letras de cancións de hip-hop.
Contóunos algo da súa vida, que de xoven gustábanlle os piratas e por iso escribe sobre piratas, que estudiou Dereito pero que non lle gustou e deixouno... Tamén nos falou un pouco de BALEA MORTA OU LANCHA A PIQUE a continuación da RUTINA CORSARIA. Fixémoslle unhas preguntas, máis ben fixénlle unhas preguntas porque o resto non sei se era por vergoña ou non sei porqué non lle preguntaban nada. Para finalizar a visita asinóunos os libros e a min escribiume unha dedicatoria especial xa que pensa que vou ser xornalista porque disque que lle fixen unha boa entrevista.
Sobre RUTINA CORSARIA.
O libro en si gústame bastante, é un disparate total pero iso é o que o fai moi divertido e emocionante. O autor inclúe cousas no libro que ve a diario coma algún supermercado ou o faro... A historia contase en Ribadeo, a súa vila natal. Martín
A min Jaureguizar pareceume un moi bo escritor, xa que encantoume o seu libro A Rutina Corsaria. El díxonos que de pequeno non se lle daban ben as matemáticas, pero a Lingua gustáballe moito. Falounos que el fixo A Rutina Corsaria porque de pequeño quería ser un corsario, pero os pais non lle deixaban. Tamén dixo que os feitos ocorrían en Ribadeo porque el vivira uns anos alí, e gustáballe moito aquel lugar.
A Rutina Corsaria gustóume moito porque ten emoción e intriga. A parte que máis me gustou foi cando O Repoludo surcaba o mar do Arco Iris, vivindo aventuras esperando encontrar ao corsario máis temido do mundo, Sir Francis Drake. Moncho
Era un martes como outro calquera e estábamos no instituto. Ese martes quedamos alí a comer.Tan solo quedar alí foi una experiencia moi boa xa que estábamos moitos dos compañeiros da clase.A que non sabedes porque quedamos alí a comer? Pois porque tivemos unha visita dun gran autor chamado Jaureguizar. EL veu grazas ao clube de lectura que o invitou e el aceptou.
Eu pensaba que el ía ser un home con calva e xa moi vello mais… nada que ver. Era bastante xoven. A verdade é que a min encantome coñecelo.Contounos un pouco da súa vida e tamén ensinounos como chegar a ese nivel de autor coma el,é dicir como escribir un libro como os del. Eu de feito lin un o seu libro titulado A RUTINA CORSARIA. Noelia Pombo
Un martes pola tarde quedamos a comer no instituto porque ía vir un autor dun libro que estabamos a ler. Eu pensaba que ía ser un home baixo e regordecho, pero era todo o contrario.Era alto e fraco.Nós fixémoslle unha pequena entrevista. Unha das preguntas era porqué sendo vasco escribía en galego. El contestounos que desde moi pequeno viveu en Galicia.
Ahh...! que xa se me olvidaba o libro qu lin foi A rutina corsaria e estou desexando ler a súa continuación. Balea morta ou lancha a pique. Luis
Dixo que el era e é un periodista, é un señor moi amable, asinounos os libros e dixo que para ser un autor hai que ter moita imaxinación. Alexis
Comentario do libro a Rutina Corsaria :
O libro ao principio moito non o entendíamos, grazas o traballo na clase de L.Galega logramos comprendelo. É unha historia moi bonita e moderna xa que inclue léxico actual. Básase na vida dos piratas e de como unha persoa normal e corrente logra facer un barco con materiais moi sinxelos e forma unha tripulación que con ela vive moitas aventuras...Todas veñen da imaxinación do escritor .É un libro que eu recomendaria que a xente, a partir de 10/12 anos o leera.
Comentario sobre a charla co escritor:
A verdade é que non foi unha charla moi aburrida xa que o escritor logrou que lle prestáramos atención, lóxicamente falamos do libro A Rutina Corsaria e do que lle sigue, explicounos que a el de pequeno gustáballe moito os piratas.
Non sempre dedicouse o periodismo, xa que de primeiras empezou a carreira de Dereito, pero non lle gustou. Tamén nos falou dos outros libros del. Sheila
O martes pola tarde pasámolo moi ben . Estivemos na charla de Jaureizar e estivo contándonos porqué escribiu os libros .
Divertímonos moito escoitando a súa vida, estivo contando cousas da súa infancia e da súa familia, tamén lle fixemos unha serie de preguntas como por exemplo ¿Por que escribiches o libro da Rutina Corsaria? Ao final asinounos o libro. Pasámolo moi ben . Melanie e Noelia Moldes
Para min o de Jaureguizar foi moi interesante porque contounos moitas cousas, unha delas foi que escribiu bastantes libros, un deles foi A RUTINA CORSARIA, que a min gustoume moito. Tamén lle fixemos preguntas e ao final asinounos os libros. Foi xenial!! Miguel
miércoles, 22 de diciembre de 2010
jueves, 18 de noviembre de 2010
Balea morta ou lancha a pique
Estamos diante dunha novela de aventuras. Subxénero de piratas. É a segunda entrega de As aventuras do capitán Thunderskin. A primeira serie de novelas de piratas da literatura galega. Aventuras trepidantes, fantasía desbordada, humor a mans cheas, xogo con anacronismos deliberados (videoxogos, baleas clónicas…) e o telón de fondo constante da Moby Dick de Herman Melville.
Apreciamos a mestura de mundos. Piratas e pirados, idealismo e materialismo da man do capitán e o portugués, dando voltas por unha actualidade de mundo globalizado. Sen que falten as doses de humor e imaxinación.
Información aportada por Pilar Sampedro nunha proposta didáctica elaborada para a editorial Xerais.
O martes 23 teremos a oportunidade de poder coñecer ao seu autor, Santiago Jaureguizar e intercambiar diferentes puntos de vista sobre a lectura do seu libro.
lunes, 25 de octubre de 2010
Asóciate!
Comezamos unha nova temporada. Este ano o mar vai ser o protagonista das nosas tertulias. Navegaremos por mares de tinta salgada en barcos capitaneados por autores cercanos no tempo e no espazo.
Asóciate ao club ! Este é só o comezo da travesía!
Bo vento!
martes, 22 de junio de 2010
"Picnic" entre libros.
Onte, á saída das clases, na carballeira que temos diante do instituto, os integrantes do club compartimos mesa e lecturas. O día espléndido acompañaba para recordar a Saramago, a Machado, Miguel Hernández, José Martí, Fernández Paz, entre outros.
Intercambiamos agasallos, chapas, libretas, libros de poesía, algún de Carlos Casares...
Intercambiamos dedicatorias, sinaturas e promesas de futuro.
Bo verán de sol, mar ou montaña a elexir, pero sempre cun libro na maleta!!!
jueves, 10 de junio de 2010
Xornada dos Clubs de Lectura 2010
Un espazo que a miúdo non ten cabida nas clases de literatura é aquel no que os lectores poden
conectar a literatura coa súa propia experiencia, é dicir, aquel no que aprenden a vivir coa
literatura. Mª Cecilia Silva-Díaz
Mañá 11 de xuño, en Santiago de Compostela terá lugar unha xornada para os coordinadores dos Clubs de Lectura dos centros de ensino secundario de Galicia nas que se intercambiarán experiencias doutros clubs que servirán para a reflexión e avance na educación literaria.
A profesora da Universidade Autónoma de Barcelona, Ana María Margallo falará de Lectura e adolescentes, título do libro escrito en colaboración con Teresa Colomer, entre outros.
Ana María Margallo é dra. en Didáctica da lingua e literatura; formadora de profesores de secundaria e investigadora sobre a incidencia dos proxectos de traballo na adquisición da educación literaria.
O poeta Benjamín Prado rematará a xornada coa súa visión sobre a lectura e a función da literatura.
Todo un luxo ter a oportunidade de escoitar a un home crítico e con unha personalidade arrolladora.
Podedes ler unha selección dos seus poemas cliqueando na ligazón: aquí.
PROGRAMA DAS XORNADAS. Fonte: LER EN MANCOMÚN
Viaxe a Santiago
Os membros do club tamén viaxamos para disfrutar das paixases literarias. Así poís, a finais do mes de maio acercámonos á cidade de Santiago de Compostela, peregrinando cara dúas bibliotecas con moito encanto; a Biblioteca de América en Fonseca e despois á Biblioteca da Facultade de Historia, unha biblioteca que conserva o encanto de finais do século XIX.
Pero ademáis esta viaxe permitiu elevarnos ata preto das nubes, porque visitamos as cubertas da Facultade de Historia e as da Catedral
Como colofón ás actividades deste curso faremos o 17 de xuño un “picnic literario” preto do mar, ese mar que sempre estivo presente nas nosas xuntanzas. Comentario: Ana
sábado, 15 de mayo de 2010
Para que les?
Respostar a esta pregunta foi unha iniciativa que lanzou o Club de lectura virtual de Implicadas e que recollimos unha grande parte das Bibliotecas galegas para facer visible os comenarios das persoas e contribuir así á reflexión e contaxio da lectura entre os máis novos.
En Bibliomanía fixémonos eco de todas as aportacións e aquí queremos destacar as respostas de Rosa Aneiros, Xosé Monteagudo e Raúl Vacas, cos que compartimos este ano as xuntanzas no club arredor dos seus libros.
Coa lectura
coñezo e sinto outras vidas que me fan máis libre,
xa que me proporcionan
puntos de vista diferentes.
Con eles, podo valorar e escoller mellor
en calquera situación da vida. Xosé Monteagudo
Con eles, podo valorar e escoller mellor
en calquera situación da vida. Xosé Monteagudo
Leo
para completarme,
para actualizar utopías,
para crer,
para crear,
para evadirme ocasionalmente do mundo
ou para involucrame nel.
Gústame mergullar nos libros,
fondear nas palabras máis profundas,
osixenar o corazón
con soños e metáforas,
nadar contracorrente. Raúl Vacas
Leo para fuxir e para encontrarme no máis fondo de min mesma.
Leo para saber e para ignorar.
Para ver dende outros ollos e dende as tripas dos meus.
Leo para ser ti.”
Rosa Aneiros.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







