Engánchate!
O Club da biblioteca do IES Sanxenxo nace coa intención de que as novas tecnoloxías nos axuden a facilitar a comunicación. Deleitámonos co tacto, sempre suxestivo, dun libro nas nosas mans, pero tamén gustamos das posibilidades que nos brinda a rede para falar sobre el. Outras persoas poden observar aspectos dos que non nos teriamos decatado e, deste xeito, a nosa lectura privada enriquécese, o pracer aumenta...
jueves, 20 de junio de 2013
miércoles, 19 de junio de 2013
No teatro e no parque
Con motivo da representación da obra de Roberto Vidal Bolaño, Días sen gloria, polo Centro Dramático Galego en Pontevedra, algúns dos compoñentes do club de lectura desplazámonos ata alí para asistir a dita representación. Ao finalizar poidemos compartir as nosas impresións nun ambiente distendido. Foi unha bonita xornada coa que despedimos as actividades do club deste curso.
O grupo dos máis pequenos organizamos unha mini-merenda no parque e falamos do último libro elexido libremente por cada un deles compartindo os motivos da escolleita. Aproveitamos as raiolas de sol para recomendarnos lecturas para o verán.
martes, 21 de mayo de 2013
Días sen gloria de Roberto Vidal Bolaño
O Centro Dramático Galego dedícalle a Roberto Vidal Bolaño, o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas a posta en escena de Días sen gloria dirixida por Fefa Noia, sendo a primeira muller que afronta o reto profesional de levar a escena un texto de Vidal Bolaño.
O elenco de actores está encabezado por Manuel Manquiña e Eva Souto que dan vida aos protagonistas da historia.
Vidal Bolaño sitúa no Camiño de Compostela dous personaxes: un vello e unha muller nova, nos que concorren todas as virtudes e miserias humanas. Ela debe atopar a un cabaleiro que a enganou por non pagarlle os seus servizos amatorios durante dúas semanas. Para conseguilo fai tratos co vello, que é sabedor dos atallos, recunchos e perigos que ten a viaxe. Entre eles mediará a desconfianza, pero pouco a pouco irá cambiando por atracción e compañerismo ata chegar a un final que non nos deixará indiferentes.
Texto extraído do CDG
unha das obras referente de Vidal Bolaño.
+ INFO: CDG
Documentos
lunes, 6 de mayo de 2013
"Enredando versos" con Carlos Negro
O día 2 de maio, Carlos Negro achegouse coa súa MAKINARIA a Sanxenxo. Un grupo de mozos e mozas de distintos institutos da provincia agardabánno para recibir un obradoiro de poesía que levaba por título A poesía é unha onza de chocolate. Alí estaban tamén algúns dos membros do club de lectura que puideron coñecer en primeira persoa ao autor dos poemas propostos como lectura do mes de abril.
Despois dun descanso merecido, Carlos Negro deu lectura dun dos poemas máis estremecedores de MAKINARIA e agasallou aos alí presentes coa lectura doutro todavía inédito. No vídeo podemos escoitalo:
A xornada continuou nas rúas de Sanxenxo, no parque, na praia...
Unha xornada compartida cos poetas, cos rapaces e rapazas e coa poesía!
Máis información: Enredandoversos
martes, 26 de marzo de 2013
Makinaria de Carlos Negro
AUTOBIOGRAFÍA (Adaptación)
Fonte: BVG
Nacín na vila de Lalín en1970; da infancia, lembro a rúa da Cacharela, a casa dos avós (Avenida de Buenos Aires, nº 1), a droguería con louza Duralex e pintura Titanlux (antes da invasión dos supermercados), os caramelos de nata (a peseta a unidade), os debuxos de Mazinguer Zeta (¡fuego de pecho!), os partidos de fútbol nas leiras (previos á especulación urbanística), o cheiro concentrado a laca na perruquería "Romero" (onde miña nai lles facía a manicura ás señoritas).
Eu nunca fun un neno de aldea, mais a aldea entrou en min a través da casa de Agolada, avós paternos, estirpe de terra negra, muíño de fariña albeira, maquías e millo, tréqueles da Singer, a mesa de carpinteiro, as espadas de madeira, o banco comunal da cociña, a zorza e as filloas de sangue, o manto da chuvia na follaxe das parras, no tambor das uralitas... Desa memoria tamén procedo, aínda que eu falaba castellano, porque era un niño bueno.
(...)
Nos oitenta, fixen o Bacharelato no Instituto Público de Lalín; daquela lembro que eu era tímido, máis ben calado, retraído, atento e sixiloso. Eu estudiaba moito porque non era quen de ser rebelde, mentres os chicos malos fumaban descarados e ligaban coas mozas máis feitas (lei de vida). Daquela era o esplendor das discotecas: por exemplo, Krakatoa. E na banda sonora da adolescencia soaban Golpes Bajos, Alaska, Siniestro Total, Duncan Dhu, Radio Futura, Queen, Pink Floyd, The Cure...
Do Instituto recordo a influencia de dous profesores: Luz Marina e Mario; eles foron responsables de que eu aceptase cánto me gustaba a literatura, a pesar de min mesmo, a pesar do meu apoucamento, a pesar de que eu, de maior, aínda non quería ser nada. Eles botaron a semente que me animou a estudiar Filoloxía en Santiago de Compostela. E aí comezou outra xeira.
(...)
Ó oficio poético cheguei relativamente tarde, a mediados dos noventa, case sen querer, sen reflexión previa do cómo e do por qué; pero cando rompín a escribir versos, souben, a posteriori, que a palabra se me estaba impoñendo como un instrumento para exercer a memoria e buscar a verdade (a miña memoria e a miña verdade); fun descubrindo un órgano subxectivo de comunicación e coñecemento, un terceiro pulmón invisible que me dota de osíxeno, unha bocalada de palabras que me respiran desde dentro, que non pretenden impoñer un sentido, senón que son en si mesmas o sentido inherente ó ritmo, nun fráxil equilibrio entre o racional e o intuído, entre a técnica exacta e o momento propicio.
Propoñemos para coñecer máis a este autor a lectura do seu poemario MAKINARIA. Unha obra dirixida aos lectores mozos, amantes da velocidade e o risco, cun destino que fai gala ao apelido do autor cando se actúa de forma inconsciente.
Adiante cos poemas! A todo gas!!
Cliqueade no enlace despois de rematar a lectura para seguir esta guía interactiva feita por Rosa Salgueiro.
Que a disfrutedes!
sábado, 9 de marzo de 2013
Conversa con Neira Cruz
- Gustoume a súa forma de escoitar. Lorena. 3º B
- Falamos como amigos. Javier 3º B
- Intereactuamos e participamos. A historia da súa avoa foi enternecedora. Noelia. 3º B
- Persoa aberta a todo tipo de opinións e con ganas de escoitarnos. David. 3º B
- Gustome que nos contara cousas da súa vida. Ignacio. 3º B
- Pareceume unha persoa culta e moi educada. Javier. 3º B
- Cautivoume coas palabras. Inés. 3º B
- Gústame que os seus libros se inspiren en estudiantes da vida real. Carolina 3º B
- As súas palabras poñen a pel de galiña. Alejandro 3ºB
- Como a súa avoa antes de morrer, o recoñeceu pra decirlle que xa non lle podía continuar contando más historias. Iván 3º B
- Foi ameno e entretido. Puidemos intervir e expresar libremente a nosa opinión das obras lidas. Raúl 3º B
- Pasoume voando o tempo que estiven na biblioteca. Angie. 2º C
- Gústame a aventura que emprende Mina na que se converte nunha muller. Descubrín nesta conversa que VALDEMULLER existe. Isaac 2º A
- Gustaríame ser un dos personaxes que aparecen nos seus libros, pero non me atrevín a facerlle ningunha pregunta. Yaiza. 1º B
- Contounos porqué Martiño Pedreira levaba ese nome e tamén porque levaba gafas. Explicounos como comezou a escribir e as coincidencias extraordinarias dos seus libros coa realidade. Ramón 1º B
- (...)
lunes, 4 de marzo de 2013
Valdemuller
Mina é a protagonista de Valdemuller, unha rapaza que cumpre 15 anos nunha familia de mulleres onde esa data ten un significado moi especial. Un dos agasallos que recibe é un colgante fermosísimo con forma de estrela dunha tía-avoa que non coñece. O misterio e a intriga xa están servidos no relato. Mina, coa axuda da súa tía Olga, emprenderá unha viaxe ao lugar de Valdemuller en busca da enigmática tía- avoa, na que descubrirá a súa capacidade para enfrontarse aos problemas por ela mesma.
Vademuller, é unha desas obras que engaiolou ao director arxentino Pablo Vergne, que adaptou o texto da novela á linguaxe de marionetas convertendo "toda a narración en acción", sen deixar de lado a mensaxe da "procura das mulleres dun espazo de igualdade e respecto na sociedade". Ao tempo, que explorou na tradición galega para converter a viaxe iniciática de Mina nunha viaxe de misterios, con trasnos, ánimas en pena e coa Santa Compaña.
Mañá pola tarde, encontro co autor Xosé A. neira Cruz.
martes, 19 de febrero de 2013
Xosé A. Neira Cruz
Hai xa sete anos, no 2006 estivo no centro Xosé A. Neira Cruz que mantivo un encontro daquela co alumnado de 2º ESO. A súa visita foi un bo pretexto para iniciar os boletíns da Biblioteca. Sería un monográfico dedicado ao autor e a súa obra. Pódese ollar no enlace.
O martes 5 de marzo contaremos de novo coa súa presenza, nesta ocasión para xuntarse cos membros do club de lectura.
O martes 5 de marzo contaremos de novo coa súa presenza, nesta ocasión para xuntarse cos membros do club de lectura.
Baltar,18/02/13 19:30 Hora zulú
Presentado polo profesor Juan Álvarez como o cuarto autor que foi distinguido polo premio García Barros que visita o club de lectura despois de Xosé Monteagudo, Jaureguizar e Miguel Anxo Fernández, Santiago Lopo iniciou un diálogo fluído e cheo de matices que se estendeu case ao longo de dúas horas. Nese tempo xurdiron cuestións arredor do proceso de creación da novela e de como foi adquirindo forma, das distintas voces narrativas, dos personaxes e a linguaxe que os caracteriza, dos temas tratados na historia, da importancia do tempo, da tolemia, da ecoloxía... para rematar coas dedicatorias e sinaturas de libros.
Algúns comentarios recollidos:
- Lo primero agradecimiento profundo por la oportunidad brindada de compartir un rato agradable y enriquecedor. Un autor cercano y encantador, es un privilegio leer un libro y poder comentarlo con su creador. Gracias.
- Lectura que me enganchou totalmente desde o primeiro momento. Moitas grazas por darnos estos libros.
- Este libro gustoume, sobre todo polas cousas que aprendes e as vivenzas que trasmite. E para volver a ler.
- Gustoume a mezcla de xéneros.
- Unha novela apaixoante desde a primeira páxina ata a última.
- Un tipo encantador que encerra moitos segredos.
- Sempre é un pracer e un auténtico privilexio poder compartir co autor a súa obra. Unha obra neste caso orixinal pola súa estructura e a temática tratada. Unha obra seria dun autor que promete un gran futuro para as nosas letras.
Valoración da novela: 9'3
miércoles, 13 de febrero de 2013
Entrevista a Santiago Lopo no Zigzag Diario
Entrevistado por María Solar no programa cultural galego, Zigzag Diario, Santiago Lopo desvela os motivos da escrita da súa última novela que está a sorprender á crítica e lectores.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)