O vindeiro martes 25 de novembro tod@s os que estedes interesados en participar no Club de lectura tendes unha cita na Biblioteca do centro ás 19:30h. Se...- Sabes ler,
 - Sabes falar,
 - Sabes escoitar,
 - Sabes opinar,
 - Es curios@,
 - Gústache compartir,
 - Coñecer outras persoas coas mesmas afeccións...
 
entón, cumples os requisitos. Engánchate!!
Se aínda non estás de todo convencido cliquea aquí e aquí tamén aquí...
Ademais este ano as lecturas xirarán en torno á guerra civil española e os anos de posguerra como homenaxe aos nosos antepasados. O ano 2009 celébrase o 70 aniversario do fin da Guerra e os profesor@s do Departamento de Ciencias Socias están a desenvolver todo un programa de actividades nas que se inclúe tamén este club temático.
Agardamos que o disfrutedes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario